top of page

A Deputación da Coruña pon en valor o patrimonio con visitas como a igrexa de San Antoniño de Toques

Do 30 de setembro ao 5 de outubro, o patrimonio da provincia da Coruña é o protagonista coa celebración da segunda edición das Xornadas Europeas do Patrimonio da Deputación


Laura Moure/Toques

Do 30 de setembro ao 5 de outubro, o patrimonio da provincia da Coruña é o protagonista coa celebración da segunda edición das Xornadas Europeas do Patrimonio da Deputación da Coruña (XEPDAC). Baixo o lema "Patrimonio Arquitectónico: fiestras ao pasado, portas ao futuro", o evento ofrece un completo programa de actividades que culmina coas visitas guiadas gratuítas e o obradoiro de astrofotografía da fin de semana (venres 3, sábado 4 e domingo 5 de outubro).


A inscrición para estas actividades de interese xeral aínda está aberta! Para asegurar a súa praza nalgunha destas experiencias únicas, as persoas interesadas deben formalizar a súa reserva canto antes a través da web da Deputación, xa que as inscricións pechan 24 horas antes do inicio de cada actividade.

A igrexa de San Antolín de Toques. Autor: Ecos da Comarca.
A igrexa de San Antolín de Toques. Autor: Ecos da Comarca.

Fin de Semana: Grandes Arquitecturas e as Estrelas

A Deputación da Coruña convida á cidadanía a un percorrido fascinante polo patrimonio arquitectónico máis singular da provincia. As actividades gratuítas para o público xeral

inclúen visitas a xoias industriais, xacementos romanos, monumentos naturais e fortalezas medievais.


Astrofotografía na Costa da Morte

O prato forte da programación da fin de semana é o Obradoiro de Astrofotografía Básica que terá lugar o sábado 4 de outubro no impresionante Monte de San Bartolo (Vimianzo), un dos miradoiros Starlight da Costa da Morte. Que é? Un obradoiro práctico, a cargo do fotógrafo Jorge Calderón, dirixido a xente sen coñecementos previos que queira iniciarse nas técnicas para captar fotografía nocturna e de paisaxe astronómica. É imprescindible levar cámara e trípode (e útil se contas con disparador remoto ou startracker). Trátase dunha oportunidade única para aprender a fotografar o ceo nocturno nun enclave cunha escasa contaminación lumínica e vistas espectaculares sobre o val de Vimianzo.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Visitas Guiadas Gratuítas por toda a provincia (Venres a Domingo)

O programa de visitas guiadas céntrase en arquitecturas singulares e proxectos de valorización patrimonial:

VENRES 3 de outubro: O Barbanza Industrial. Descobre a obra mestra de Antonio Palacio na Central Hidroeléctrica do Tambre (Noia), as emblemáticasConservas Cerqueira (Ribeira) e o pasado de espionaxe e contrabando das Minas de volframio de San Finx (Lousame).

SÁBADO 4 de outubro: A Costa da Morte e os seus segredos. Percorrido por unha das arquitecturas máis emblemáticas, o Faro do Cabo Vilán (Camariñas); a máis grande e mellor conservada factoría de cetáceos de España, a Baleeira de Caneliñas (Cee); e o auténtico museo ao aire libre do Xacemento romano de Brandomil (Zas).

DOMINGO 5 de outubro: O Interior medieval e tradicional. As XEPDAC rematan no interior coa visita a un dos poucos batáns conservados en Galicia, o Batán de Mezonzo (Vilasantar); as lendarias ruínas do Castelo de Mesía (Mesía); e a xoia do románico rural galego, a Igrexa de Santo Antoniño de Toques (Toques), coas súas espectaculares pinturas murais.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Información clave para a inscrición

A asistencia a todas as actividades da fin de semana é gratuíta, pero imprescindible a reserva previa. As prazas son limitadas e quedan poucas dispoñibles nalgunhas rutas.  Prazos: A inscrición seguirá aberta ata 24 horas antes do comezo de cada actividade.

Inscricións: Na páxina web da Deputación da Coruña:


A programación tamén inclúe actividades didácticas dirixidas a centros escolares: o martes 30 de setembro, monicreques tradicionais no Pazo de Mariñán (Bergondo) con Virravolta Teatro e o seu “Galo Quirico e os seus amigos”; o mércores 1 de outubro, o show “cant@ contigo” de Paco Nogueiras no Forno do Forte (Malpica de Bergantiños); e o xoves 2, narración oral a cargo de María da Pontragha no dolmen de Cabaleiros (Tordoia).



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page