Laura Moure/Xeral
A Deputación da Coruña publicou este venres no Boletín Oficial da Provincia a concesión provisional das axudas da área de Deportes para a contratación de persoal técnico deportivo nos concellos da provincia, entre eles os da comarca de Arzúa e Terra de Melide. Neste 2024, a Deputación destina 830.000 euros para financiar este programa, que permitirá a 62 concellos da provincia contratar ou manter no seu cadro de persoal a técnicos deportivos que teñen como misión dinamizar a actividade deportiva dos municipios e planificar un calendario de actividades para todos os públicos.
Publicidade
A Deputación financia ata o 80% dos custes salariais (soldo e Seguridade Social) do persoal técnico deportivo contratado durante un ano, cunha achega máxima de 15.000 euros para aqueles municipios que optan pola contratación dun graduado universitario en Ciencias da Actividade Física e o Deporte que traballe a xornada completa. Os concellos poden contratar tamén técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas e facelo a xornada completa ou media xornada, aboando sempre o 20% restante do salario.
Así da comarca de Arzúa os Concellos reciben:
Arzúa:
Boimorto: 15.000 euros.
O Pino: 15.000 euros.
Touro: 15.000 euros.
E da comarca de Terra de Melide os Concellos reciben:
Melide: 10.000 euros.
Santiso: 15.000 euros.
Sobrados dos Monxes:15.000 euros.
Toques: 15.000 euros.
Publicidade
Os interesados poden consultar o resto de achegas no seguinte enlace: https://www.dacoruna.gal/novas/ficha-noticia-reducida?id_evento=23280&utm_source=Enlace&utm_campaign=%C3%9Altimas+Novas&utm_medium=Web
Comments