top of page

A Deputación da Coruña investirá 11,3 millóns de euros en obras de conservación das estradas

Xunto co plan de desbroces e reparacións urxentes, supón un investimento medio de 7.200 euros por quilómetro de estrada


Ecos da Comarca/C,.de Arzúa e T.Melide

O pleno da Deputación da Coruña aprobou o venres por unanimidade a primeira fase do Plan de Conservación de Vías Provinciais, que en 2025 estará dotado cun orzamento de 11.383.203 euros, un 3,5% máis que o ano pasado. "O plan contempla a execución de obras de mantemento, reparación do firme e pavimentación dos máis de 2.000 quilómetros de estradas cos que conta a rede viaria da Deputación. Todas estas actuacións están destinadas a mellorar as condicións e aumentar a seguridade viaria nas estradas da provincia", explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.


A maior parte dos investimentos destinaranse á renovación de firmes e capas de rodaxe, así como á renovación da sinalización vertical e horizontal, mentres que a apertura e limpeza de cunetas e a instalación de defensas viais u obras de drenaxe, supoñen arredor do 15% dos investimentos.

Ademais do Plan de Conservación, o servizo de Vías e Obras da Deputación conta cun plan de reparacións urxentes e outro destinado exclusivamente á roza e limpeza das marxes das estradas provinciais, que supón un investimento adicional de 3,8 millóns en 2025. Esta partida orzamentaria inclúe a limpeza das marxes de todas as estradas varias veces ao ano, para mellorar a visibilidade da circulación, evitar a propagación de incendios e facilitar a drenaxe de augas pluviais.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

7.200 euros por quilómetro

Os programas de Conservación, reparacións urxentes e roza das estradas provinciais, entre elas das comarcas de Arzúa e Terra de Melide, suman este ano un investimento de máis de superior aos 7.200 euros por quilómetro, apuntou a deputada responsable da área de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, que subliñou o incremento que ano a ano rexistra o Plan de Consercación de Estradas, xa que "os traballos de conservación da ampla rede de estradas da Deputación para mantela nas mellores condicións é tan importante como a construción de novas infraestruturas para a seguridade viaria".

Poden consultarse os investimentos no enlace: https://dacoruna.gal/novas/ficha-noticia-reducida?id_evento=25103&

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page