A Deputación da Coruña financia os Servizos de Normalización Lingüística de Arzúa e Melide
- ecosdacomarca
- 13 feb
- 2 Min. de lectura
Tamén son beneficiarios outros concellos, que recibirán axudas de entre 18.000 e 20.000 euros
Ecos da Comarca/Arzúa/Melide
A Deputación da Coruña investirá este ano 496.000 euros no programa FONL, de subvencións a concellos e outras entidades locais para o financiamento dos gastos de persoal técnico dos Servizos de Normalización Lingüística.

Os beneficiarios, que recibirán axudas de entre 18.000 e 20.000 euros, son:
Carballo
Fisterra e Corcubión
Outes
Carral
Oleiros
Ribeira
A Coruña
Betanzos
Muros
Pontedeume
A Baña e Negreira
Abegondo
Melide
Teo
Ames
Boiro
Rois e Dodro
Dumbría e Zas
Miño
Narón
Carnota e Mazaricos
Ponteceso
Arzúa
Comarca de Ordes: Tordoia, Cerceda, Ordes, Mesía, Trazo, Oroso e Frades
Comarca de Ferrol: Ares, Cabanas, Neda e Valdoviño
Publicidade
"Esta liña, dunha área pouco atendida noutras institucións públicas que teñen a posibilidade de lexislar", salienta a deputada de Lingua, Sol Agra, "é moi importante no noso departamento, e unha ferramenta indispensable para mellor a situación do galego, que hoxe en día está nunha conxuntura de evidente desigualdade social, na que a produción cultural, científica e comercial realizada na nosa lingua atopa grandes dificultades para se poder desenvolver con normalidade no país".
Para Agra, "un bo persoal técnico non só resolve dúbidas e mellora a calidade lingüística e comunicativa da administración, senón que nos asesora en todo o relacionado coa política lingüística na procura do incremento do uso e prestixio do galego". "Tamén", engade, "no deseño de programas dinamizadores e accións concretas que conciencien a sociedade respecto ao uso e prestixio do noso idioma". "É, ademais, é fundamental na boa colaboración da Deputación con outros concellos á hora de planificar e executar accións de normalización conxuntas".
Komentáře