Perruquería Marisa.gif

A Deputación da Coruña financia con 305.000 euros a humanización da rúa do Carme, en Arzúa

O investimento do Plan Único servirá para actuar en dous tramos: desde a rúa Xosé Neira Vilas e desde a rúa das Dores ata Xosé Neira Vilas


Laura Moure/Arzúa

A Deputación da Coruña financiará a través do Plan Único, con 305.000 euros en total, dous proxectos para levar a cabo a humanización da rúa do Carme, no Concello de Arzúa, situada no centro urbano do municipio e que pertence á delimitación da ruta principal do Camiño Francés.

A actuación de humanización ten o obxectivo de mellorar a seguridade, a accesibilidade e o estado de conservación actual da rúa, que conta con beirarrúas e vías feitas a base de enlousado de pedra irregular e a distinto nivel.


Por unha banda actuarase na rúa do Carme nun treito duns 110 metros de lonxitude, desde a intersección coa rúa Xosé Neira Vilas ata a intersección coa rúa do Caño. Pola outra, renovarase un tramo de 60 metros desde intersección da rúa das Dores ata a intersección coa rúa Xosé Neira Vilas.

Os traballos consistirán en demoler as beirarrúas existentes e construír outras a nivel, sen bordos, conseguindo o paso de vehículos nun único sentido e garantindo a protección das zonas peonís coa instalación de pilonas. Baixo a calzada canalizaranse tubos de PVC para o saneamento e a recollida de pluviais e realizarase a canalización de tubaxes para abastecemento e acometida eléctrica, ademais da instalación de farois en fachada para substituír os existentes, salvo na praza onde se instalarán sobre báculo con tres brazos.


Por outra banda, desde a rúa do Caño e ó longo duns 90 metros proxéctase unha nova pavimentación coa súa respectiva rede de drenaxe. Completarase a obra coa instalación de sinalización vertical existente e mobiliario urbano.

15 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif