Laura Moure/Xeral

O deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, asinaron este martes un convenio de colaboración entre ambas institucións para a posta en valor do patrimonio natural da Serra do Careón. A Deputación da Coruña achegará 50.000€ para o proxecto.
Publicidade
Cabe mencionar que a Serra do Careón é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) e que abrangue á serra do Careón e ás concas dos río Furelos e Seco, que chegan ao río Ulla polo sur da serra. A maior área do espazo está nos concellos de Toques, Melide e Santiso, na Terra de Melide. Ten unha parte na comarca da Ulloa e de Lugo, en Friol e Palas de Rei, é só unha liña de ribeira do Ulla na Agolada.
Publicidade
Este orzamento destinarase a mellorar as condicións do entorno da Serra do Careón para a súa promoción e conservación. "A protección do noso patrimonio e biodiversidade é unha prioridade" afirma Penas, "por iso queremos contribuir ao coidado dun dos espazos protexidos de maior singularidade edáfica e botánica da provincia".
Publicidade
Concretamente, neste proxecto, denominado "Posta en valor do patrimonio natural da Serra do Careón", o departamento de Botánica da USC a través do Grupo de Investigación "Análise e Conservación da Biodiversidade" tratará de sentar as bases para valorizar o espazo entre a cidadanía, e cimentar nun coñecemento actualizado e multidisciplinar unha proposta de plan de conservación.
"Dende a Deputación somos conscientes da importancia da labor que a USC desenvolve, sobre todo na análise e conservación do patrimionio natural e a biodiversidade e na mellora do medioambiente" explica o deputado. "E a sinatura deste convenio así o demostra", engade.
Comments