Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A Deputación da Coruña dá luz verde á mellora dun vial en Melide e outro no Pino

Laura Moure/Melide/O Pino

O deputado de Vías e Obras, José Manuel Pequeño, anunciou que o pleno da Deputación da Coruña dará luz verde hoxe, venres, a investimentos por importe de 4,9 millóns de euros para levar a cabo actuacións de mellora na seguridade viaria en 34 quilómetros da rede provincial de estradas nos municipios de Curtis, Cariño, Culleredo, Cambre, Valdoviño, O Pino, Melide, Tordoia, Trazo, Cerceda, Ordes, Abegondo, Carral, Arteixo e A Laracha.


No caso das comarcas, en Melide verá melloras na DP-4603 a Ribadulla. As tarefas contarán cun orzamento provincial de 426.457 euros que permitirán reforzar a capa de rodaxe actual con mestura bituminosa en quente nun tramo de preto de cinco quilómetros.


E por outra banda, o ente provincial destinará 232.497 euros para renovar a DP-6602 de Fonte Díaz (Touro) a Santa Irene (O Pino) ao longo de preto de dous quilómetros de lonxitude.

Foto arquivo.

243 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo