top of page

A Deputación creará unha senda peonil en Boimorto e mellorá o firme dunha estrada en Sobrado

Deu luz verde á construción dunha ruta peonil de 700 metros na DP-1002 ao seu paso pola zona da residencia de Boimorto e actuará no firme da a DP-8001 de Cruces a Penablanca, en Sobrado


Laura Moure/Sobrado/Boimorto

O pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade un investimento de máis de 1,7 millóns de euros para mellorar a seguridade viaria ao longo de máis de cinco quilómetros de estradas provinciais. As tarefas a executar permitirán crear case dous quilómetros de sendas peonís na DP-1002 e a DP-1406 nos concellos de Boimorto e Cabana de Bergantiños, renovar o firme en la DP-8001 de Cruces a Penablanca (Sobrado) e eliminar unha curva peligrosa na DP-2206 ao seu paso por Cedeira.

Con estas medidas, o ente provincial segue coa súa apostapola mellora de servizos na rede de estradas provincial, co máximo obxectivo de ofrecer unhas infraestruturas seguras e adaptadas ás necesidades actuais da poboación da provincia. Dentro das iniciativas para crear sendas, o ente provincial deu luz verde á construción dunha ruta peonil de 700 metros na DP-1002 ao seu paso pola zona da residencia de persoas maiores de Boimorto. A Deputación destinará un investimento de 306.856 euros para realizar os traballos, que permitirán ampliar a calzada dos case cinco metros de ancho actuais aos seis e medio, contando con dous carrís de tres metros. A senda terá dous metros de ancho e discorrerá pola marxe esquerda da plataforma, desde o punto quilométrico 1+380 ata a conexión coa AC-234, prolongándose deste xeito o tramo de beirarrúa existente na mesma marxe.

Dentro da aposta pola mellora da seguridade na rede de estradas provincial, a Deputación dirixirá 316.973 euros para mellorar o firme na DP-8001 de Cruces a Penablanca, en Sobrado. As tarefas consistirán en reparacións localizadas ao longo de tres quilómetros mediante mestura asfáltica en quente. Ademais, con posterioridade, sinalizarase o tramo de actuación, dotando á estrada de marcas viais con pintura acrílica para conformar tanto o eixo como as bandas laterais da plataforma.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page