top of page

A Deputación confirma axudas por valor de 650.000 € para os clubs deportivos da provincia de Pontevedra

Entre eles figura o Club Deportivo Lalín


Ecos da Comarca/Lalín

Rafa Domínguez acaba de anunciar que a Xunta de Goberno da Deputación aprobou a concesión das axudas por valor de 650.000 € para os clubs deportivos da provincia de Pontevedra que participan en competicións federadas de ámbito inferior ao estatal. “Seguimos –remarcou o vicepresidente- demostrando que este é un Goberno de feitos e que o noso compromiso co deporte tradúcese en recursos concretos para promover a práctica deportiva, impulsar todas as modalidades e axudar aos clubs e federacións de todas as disciplinas”.


Dos 650.000 euros, 600.000 van dirixidos a 553 clubs deportivos de 59 concellos da provincia que participan en competicións de ámbito inferior ao estatal durante este ano.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Trátanse de entidades que representan diferentes modalidades deportivas como aeronáutica, atletismo, automobilismo, bádminton, baloncesto, billar, bolo celta, bolos, boxeo, caza, ciclismo, colombofilia, esgrima, esquí náutico, fútbol, fútbol sala, golf, hípica, judo, kung fu, loita, montañismo, motocilismo, natación, natación artística, orientación, padel, patinaxe artística, pesca, petanca, rugby, salvamento e socorrismo, squash, surf, taekwondo, tenis, tenis de mesa, voleibol, xadrez e ximnasia rítmica.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os outros 50.000 euros van dirixidos a 11 clubs deportivos de 9 concellos da provincia de fútbol preferente entre os que se atopan o Club Cultural Deportivo Beluso, o Club Juventud Cambados, o Club Céltiga, o Club Deportivo Lalín, o Club Deportivo Moaña, o Club Cultural de Areas, a Sociedad Deportiva Juvenil de Ponteareas, a Asociación Cultural Deportiva Unión, Porriño Industrial Fútbol Club, o Club Deportivo Portonovo Sociedade Deportiva e o Umia FC. 


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page