top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Deputación concede uns 35.000 € a Dozón e Lalín para acometer melloras en infraestruturas deportivas

Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa preto de 2,6 millóns de euros entre concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes


Laura Moure/Deza

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar axudas por valor de preto de 35.000 euros para que os concellos de Dozón e Lalín poidan acometer obras de mellora de infraestruturas deportivas. Deste xeito, Dozón recibirá máis de 25.000 euros para a mellora nos vestiarios das piscinas municipais e Lalín máis de 9.000 para a subministración de estores e paneis no Lalín Arena. Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa preto de 2,6 millóns de euros entre concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes. 

A piscina de Dozón.

As instalacións da piscina municipal de Dozón foron construídas con anterioridade ao ano 1995 polo que precisan obras de mellora e modernización, concretamente no edificio dos vestiarios. Cos recursos da Deputación, o Goberno Local acometerá unha renovación deste equipamento, executando unha nova instalación de electricidade, adaptada á normativa actual, e arranxando a problemática de filtracións de auga da súa cuberta.  Deste xeito, renovarase a cuberta na súa totalidade e instalaranse novos falsos teitos practicables, así como instalaranse luces LED e pintarase todo o recinto, tanto no interior como no exterior.


Publicidade

No caso de Lalín, a Deputación de Pontevedra destina unha nova achega para a renovación que está a promover o Goberno Local no Lalín Arena. Neste caso trátanse de recursos para adquirir estores e revestir paredes con friso de PVC en cor branco nos vestiarios de mozas e de mozos, así como no corredor das oficinas. A este mesmo recinto, a institución provincial ten destinado xa outros 30.000 euros do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas cos que o concello vai adquirir un elevador acuático portátil, dúas pantallas LED e reparar as ramplas de acceso.


Publicidade

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación, dirixido aos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, mobilizou ata o momento preto de 2,6 dos 4 millóns de euros do orzamento total, con achegas, ademais de para Dozón e Lalín, para A Cañiza, A Estrada, A Illa de Arousa, A Lama, Agolada, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, Marín, Meaño Meis, Mondariz-Balneario, Moraña, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, Redondela, Rodeiro, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Silleda, Soutomaior, Tui, Valga, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova.

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page