top of page

A Deputación concede 83.600 euros a Agolada para mellorar camiños de titularidade municipal

Consistirá nunha actuación será con firme de formigón nas aldeas de Val, Agra e Cima de Vila


Ecos da Comarca/Agolada

O goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este vebres novos recursos para municipios da provincia ao abeiro do Plan Concellos. Así, a Xunta de Goberno deu luz verde a 879.420 euros da liña 1 de Investimentos que servirán para realizar obras en Cangas, Caldas de Reis, Valga e Agolada que, como detallou a presidenta, Carmela Silva, se destinarán a "saneamento, pavimentación de viarios e camiños ou mellora de servizos, actuacións, en definitiva, para mellorar a vida da xente".

Foto arquivo.

No caso de Agolada o ente provincial concede 83.600 euros para mellorar camiños de titularidade municipal con firme de formigón nas aldeas de Val, Agra e Cima de Vila.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page