top of page

A Deputación concede 356.300 euros para contratar 37 persoas en Silleda, Vila de Cruces e Agolada

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Deza

A Deputación aprobou esta mañá en Xunta de Goberno a mobilización de 1,25 millóns de euros, no marco do Plan Concellos, para o financiamento de obras en dous concellos da provincia e a contratación de 97 persoas noutros seis. A presidenta Carmela Silva explicou que os investimentos destinaranse a financiar a parte municipal do orzamento das grandes actuacións do Plan ReacPon en Moaña e Caldas de Reis, mentres que os empregos reforzarán os servizos municipais de Silleda, Vilagarcía, Agolada, Fornelos de Montes, Vila de Cruces e Mos. “As contratacións permitirán garantir os servizos básicos dos concellos”, salientou Carmela Silva.

Con respecto á Liña 3 de Emprego aprobáronse as achegas para os seis concellos citados por un total de 875.000 euros. “Temos solicitudes dos concellos de todo tipo, desde operarios e operarias de obras, a forestais, persoal de maquinaria, limpeza, etcétera”, detallou a presidenta.

Por concellos Silleda recibe unha achega de 92.300 euros para contratar oito peóns/as de obras públicas e un/ha administrativo/a, mentres que Vila de Cruces contará con 148.000 euros para empregar 15 traballadoras/es e de distintos ámbitos. Pola súa banda Vilagarcía recibe 309.000 euros para 36 contratacións, Agolada outros 116.000 para incorporar 14 persoas, Fornelos 87.500 para doce empregos, e Mos 120.000 euros para 11.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page