top of page

A Deputación anuncia un investimento de 600.000 € para a renovación integral da estrada que dá acceso ao Parque Central de Galicia en Antas

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A Xunta de Goberno aprobou a licitación das obras para anchear e mellorar a LU-P-0301, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 0,3 e 3,6, que son os que van dende a capitalidade de Antas de Ulla ata Nugallás


Laura Moure/Antas de Ulla

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, anunciou un investimento de preto de 600.000 euros para a renovación integral da estrada que dá acceso ao Parque Central de Galicia, o proxecto que impulsa a institución provincial para poñer en valor o centro xeográfico da comunidade autónoma, situado en Nugallás, na parroquia de San Fiz de Amarante de Antas de Ulla, segundo determinou o Instituto Xeográfico Nacional. 

A Xunta de Goberno vén de aprobar con este orzamento a licitación das obras para anchear e mellorar a LU-P-0301, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 0,3 e 3,6, que son os que van dende a capitalidade de Antas de Ulla ata o Parque Central de Galicia. Polo tanto, servirá para dar servizo ao alto volume de tráfico que  terá cando este novo reclamo turístico polo que aposta a Deputación estea en funcionamento.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O Presidente da Deputación subliñou que a estrada “é moi importante xa a día de hoxe para os veciños porque comunica coa provincia de Pontevedra por Rodeiro, pero gañará moita máis relevancia porque será a principal arteria de comunicación para acceder ao Parque Central de Galicia”. As obras, incidiu, “son fundamentais para completar este novo atractivo turístico, que se converterá nun revulsivo moi importante para a promoción económica e social do concello de Antas de Ulla, da comarca da Ulloa e do conxunto da provincia de Lugo”.  


En que consisten as obras

O proxecto da Deputación de Lugo para a renovación integral da LU-P-0301, entre os puntos quilométricos 0,3 e 3,6, inclúe o ensanche de varios treitos co obxectivo de que o tránsito de vehículos nas dúas direccións sexa cómodo e seguro. Para iso, será necesario expropiar terreos que agora mesmo pertencen a propietarios e propietarias particulares. 

Logo será preciso realizar as correspondentes tarefas de drenaxe, coa colocación de tubaxes axeitadas, ademais de limpar as cunetas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

A continuación, procederase á pavimentación con aglomerado en quente en todo o trazado e á sinalización da estrada con marcas reflexivas brancas, ademais de renovar as sinais verticais que non se atopen en bo estado de conservación. O prazo de execución das obras é de 6 meses, unha vez iniciadas.


O Parque Central de Galicia

O Presidente da Deputación impulsa a creación do Parque Central de Galicia para poñer en valor o centro xeográfico da comunidade autónoma. A institución provincial xa habilitou a zona de aparcamento, na que investiu 250.000 euros, e tamén acometeu os traballos de acondicionamento e laboreo dos terreos nas parcelas que adquiriu para crear este gran espazo público.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Así mesmo, ten adxudicado por un importe de máis de 1,3 millóns de euros o proxecto de construción do Parque, que inclúe un pórtico de entrada, unha praza e un monolito, un templete, un edificio multiusos, un parque infantil e fontes, ademais de iluminación, sinalización e diferente mobiliario.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page