top of page

A Deputación adxudica por 580.000 euros a mellora da mobilidade na e EP-6007 ao seu paso por Cercio

O presidente Luis López explicou que a institución provincial financia o 70% da actuación, mentres que o Concello asume o 30% restante

Laura Moure/Lalín

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou este venres adxudicación para as obras de mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-6007 Goleta-Cercio-Estrada Rodo-Brántega, en Lalín, ao seu paso polo núcleo de Cercio por algo máis de 580.000 euros, dos que a institución financia o 70% e o Concello o 30% restante.

Foto de arquivo de obras nun vial.
Foto de arquivo de obras nun vial.

As obras desenvolveranse nun tramo de 250 metros da estrada provincial ao seu paso polo núcleo de Cercio, onde se mellorará a mobilidade peonil e se habilitarán novos espazos de aparcamento. Para iso acondicionaranse dúas zonas preto da igrexa, creando unha praza para a xuntanza dos veciños e outro espazo para estacionamento. Ademais, executarase unha senda peonil nun primeiro tramo; nun segundo, habilitarase unha plataforma única como zona de convivencia, con preferencia peonil, e no tramo final mellorarase o trazado existente.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Por outra banda, na contorna da igrexa parroquial de Santiago instalarase un novo pavimento, mobiliario e plantaranse árbores. E, entre outras actuacións, tamén se executará a rede de pluviais e faranse melloras no alumeado da zona.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.


O presidente Luis López sinalou que esta aprobación forma parte dun paquete de “tres cuestións relacionadas coa modernización e mellora para outras tantas estradas provinciais, que suman máis de 2,1 millóns de euros”, aprobadas na Xunta de Goberno desta semana.


Ademais desta actuación, tamén se avanzou noutras relacionadas con estradas provinciais en Valga e Mos. “Seguimos sumando recursos e aprobando investimentos para mellorar a nosa rede de estradas provinciais e avanzar na seguridade destas infraestruturas que son fundamentais para vertebrar o noso territorio”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page