top of page

A Deputación adxudica por 392.341 euros as obras de mellora do vial DP-4603 entre Melide e Ribadulla

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A actuación inclúe a dotación dunha nova capa de mestura asfáltica en quente así como a sinalización e balizamento da estrada


Laura Moure/Comarca de Melide

A Deputación da Coruña vén de adxudicar por 392.341 euros as obras de renovación do pavimento da estrada DP-4603, que conecta Melide co núcleo de Ribadulla, entre os puntos quilométricos 1+070 ao 5+821. Os traballos están incluídos na terceira fase do Plan de Conservación de Vías Provinciais.

O proxecto contempla a recuperación do firme dunha vía que na actualidade presenta un importante deterioro como consecuencia do paso do tempo, dos efectos climáticos e do volume de vehículos que rexistra en diferentes tramos.


As obras inclúen o saneamento da capa superficial do pavimento coa dotación dun novo estrato de mestura asfáltica en quente que permitirá asegurar as condicións de seguridade para o tráfico rodado. Unha vez concluída esta fase da actuación executaranse tarefas de sinalización e balizamento da vía.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Unha vez adxudicadas, as obras comezarán este mesmo outono. O tráfico permanecerá limitado a un só carril durante a execución das obras para poder manter en servizo a conexión en todo momento. Unha vez iniciada a intervención, o prazo para a conclusión dos traballos será de dous meses.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page