top of page

A Deputación adxudica por 358.660 euros a nova fase da ampliación da estrada de Cruces a Penablanca

8 abr 2021
2 min de lectura

As obras anchearán este vial de Sobrado ata os 7,5 metros nun tramo duns cinco quilómetros, dando continuidade ás realizadas nos tres primeiros quilómetros da estrada


Laura Moure/Sobrado dos Monxes

O deputado responsable da área de Vías e Obras da Deputación da Coruña, José Manuel Pequeño, anunciou este mércores que o seu departamento vén de adxudicar a segunda fase das obras de ampliación e mellora da estrada provincial DP 8001 de Cruces a Penablanca, no termo municipal de Sobrado, que suporán un invstimento de 358.660 euros.


"As obras darán continuidade ás xa realizadas pola Deputación da Coruña nos primeiros tres quilómetros do vial para ampliar a plataforma da estrada de 4,5 a 7,5 metros aproveitando a zona de dominio público existente nas marxes", afirmou Pequeño. Así, a Deputación da Coruña continuará a ampliación do vial noutro tramo de aproximadamente cinco quilómetros da estrada que discorre entre entre os puntos quilométricos 3+200 e o 7+910, igualando o ancho da estrada en todo o seu percorrido.

A estrada que se ampliará.

Mellora da seguridade

O alcalde de Sobrado, Lisardo Santos, manifestou a súa satisfacción porque o goberno provincial de Valentín González Formoso "cumpra o seu compromiso e atenda esta antiga demanda do Concello de Sobrado, facendo realidade unhas obras moi necesarias para garantir que os vehículos podan circular e cruzarse en condicións de seguridade nun vial que conecta numerosos núcleos de poboación do municipio e que dá acceso a explotacións gandeiras".


A plataforma do vial pasará dos 4-5 metros actuais aos 7-8 metros, mellorando notablemente a seguridade. As obras incluirán a instalación de drenaxe lonxitudinal, a execución de taludes nalgúns tramos puntuais do trazado, a renovación completa do pavimento e o pintado e renovación da sinalización horizontal e vertical. Teñen un prazo de execución de seis meses.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page