Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A Deputación adxudica por 198.669 euros a construción dunha senda peonil na DP-7901 de Chorén á Cruz

A estrada é unha das principais vías de comunicación do municipio de Santiso, xa que conecta a AC-840 co lugar da Cruz e terá un metro e medio de ancho


Laura Moure/Santiso

A Deputación da Coruña adxudicou por 198.699 euros a construción dunha senda peonil para mellorar a seguridade viaria na estrada provincial DP-7901 ao seu paso polo concello de Santiso. As obras levaranse a cabo nun tramo de aproximadamente 1,5 quilómetros metros, entre os puntos quilométricos 0+130 ao 1+600 desta vía que conecta os núcleos de Chorén e A Cruz. A estrada é unha das principais arterias de comunicación do municipio, xa que une a AC-840 co lugar da Cruz, onde se atopa a Casa do Concello.

Un tramo da DP-7901,antes do Consistorio. Autor: Ecos da Comarca.

Na actualidade os veciños e veciñas que residen no lugar non dispoñen dun espazo seguro polo que transitar, contando ademais con elementos como contedores instalados na calzada que dificultan a súa mobilidade e que reducen a visibilidade dos vehículos que circulan pola plataforma. Estas circunstancias non permiten a correcta visibilidade e supoñen un risco para o tráfico rodado e peonil.


Co obxectivo de dar resposta a esta situación, o departamento de Vías e Obras que dirixe José Manuel Pequeño, impulsará a construción dunha senda de formigón na marxe dereita da estrada. Esta contará cunha anchura de un metro e medio, tendo que reducirse ao metro nalgúns puntos nos que haxa algunha edificación ou peche. A senda discorrerá ao mesmo nivel que a propia calzada. As actuacións permitirán crear un novo espazo para os contedores que antes se atopaban na vía, eliminándoos das zonas nas que supoñían un obstáculo para a correcta visibilidade e tránsito peonil. As tarefas incluirán o despexe e roza do tramo, así como a reposición de sinalización vertical existente.


Ademais de mellorar a seguridade viaria, esta iniciativa contempla unha renovación da rede de recollida de pluviais, coa instalación dun colector PVC baixo a senda, cos seus correspondentes sumidoiros e canais con reixa. Inclúese a reposición dunha traída de auga desde o punto quilométrico 0+100 ao 0+530. Tamén se levaran a cabo accións para canalizar a iluminación pública e telecomunicacións.

88 vistas0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE