top of page
Perruquería Marisa.gif

A Deputación adxudica as obras de reposición do firme na EP-6106 Maceiras-Alavarellos, en Dozón

As actuacións contan cun orzamento de máis de 330.000 euros e levaranse a cabo en preto de cinco quilómetros da estrada provincial


Laura Moure/Dozón

A Deputación de Pontevedra continúa a apostar por unha rede de estradas provinciais segura coa aprobación da adxudicación da reposición de firme na EP-6106 Maceiras-Alvarellos, que transcorre de xeito íntegro polo concello de Dozón. Deste xeito, a Xunta de Goberno da institución provincial deu este luns luz verde a 332.880 euros cos que se actuará en 4,8 quilómetros de estrada.

As obras, que teñen un prazo de execución de catro meses, realizaranse a nivel superficial con traballos como a demolición do firme actual e a súa substitución, o pintado da estrada e a instalación dunha nova sinalización. A actuación enmárcase dentro dos tarefas de conservación que a Deputación está a levar a cabo nas estradas provinciais co fin de mellorar a seguridade viaria.


Os traballos que se realizarán na EP-6106 están en consonancia co decálogo de actuacións nas estradas provinciais, no que se potencia unha boa conservación do patrimonio viario provincial con actuacións como a mellora do firme, a sinalización, as rozas e limpezas de cunetas e a iluminación. Este decálogo rexe as actuacións que se realizan nas 377 estradas provinciais que contan con aproximadamente 1.700 quilómetros de lonxitude total.


24 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page