top of page

A Deputación actuará en 79 viais de 45 concellos da provincia de Pontevedra, entre eles en Deza

Laura Moure/Deza

A Xunta de Goberno da Deputación vén de adxudicar os contratos para as obras de conservación de firmes que se desenvolverán en 79 estradas da rede provincial ao seu paso por 45 concellos, e nas que se investirá un orzamento de 4,4 millóns (4.430.381€). O principal obxectivo destas actuacións, que abranguen as seis zonas nas que o Acordo Marco dividiu a provincia para regular a conservación de firmes, é preservar as súas características superficiais e estruturais para garantir a súa viabilidade.


Así, entre outras, as tarefas inclúen a reposición de sinalización horizontal e mesturas, a reparación de fochancas, a mellora de pavimentos, regas,  drenaxes ou o levantamento de firmes. En todos os casos, tal e como explicou hoxe a presidenta provincial, Carmela Silva, as obras desenvolveranse nun prazo de execución de 6 meses, de xeito que estarán rematadas ao final de ano.

A Zona A da provincia correspóndese coa comarca do Deza e vanse realizar traballos por importe de 638.183€ en 9 estradas provinciais dos concellos de Lalín (EP 6002 Botos-Mouriscade-A Xesta e Ramal, EP6007 A Goleta-Cercio e EP6009 Lalín-Rodo-Brántega); Dozón (EP6101 Bidueiros-Amedo e EP6103 Santo Domingo-Sanguiñedo); Rodeiro (EP6205 San Salvador-O Salto); Agolada (EP6303 Berredo-A Baíña e EP6306 Agolada-Cruces) e Vila de Cruces (EP6406 Carbia-Salgueiros).


Na Zona B, nas comarcas de Deza, Terra de Montes, Pontevedra e O Salnés, executaranse obras en 9 viarios por importe de 867.894€ nos concellos de Silleda (EP6508 Somoza-Escuadro); A Estrada (EP7001 A Estrada-Forcarei, EP7003 A Estrada-Ouzande; EP7005 Aguións-Santeles-Santa Cristina e EP7017 Callobre-Ponte Ledesma); Cerdedo-Cotobade (EP-7103 Cerdedo-Castro-Quireza); Valga (EP8504 Forno-As Cernadas); Catoira (EP8702 Catoira-Torres do Oeste) e Caldas de Reis (EP8001 Caldas-Carracedo-Catoira).


Na Zona C, que abrangue concellos das comarcas de Pontevedra e O Salnés, executaranse obras por importe de 634.078€ en 23 estradas de Barro (EP0507 Portela-Valiñas-Portas); Poio (EP0608 Samieira-Busto); Cambados (EP9002 Fefiñáns-Oubiña, EP9004 Corbillón-Tragove e EP9006 A Bouza-O Facho (Castrelo)); O Grove (EP9101 O Grove-Igrexa de San Vicente); Sanxenxo (EP9201 Sanxenxo-Bordóns-E. Samieira, EP9205 Sanxenxo-Meaño, EP9209 PO550-Igrexa de Vilalonga, EP9210 Acceso a Rouxique e EP9211 Vilalonga-A Fianteira); Meaño (EP9302 Xil-Cobas-Barrantes e EP9305 Coirón-Ribadumia-Leiro); Meis (EP9402 Mosteiro-Barrantes, EP9403 Santo Tomé-San Salvador, EP9406 Galles-A Armenteira e EP9407 A Goulla-Porráns); Ribadumia (EP9501 Ribadumia-Grenla, EP9506 Barrantes-Vilariño e EP9508 Lois-A Goulla), Vilagarcía (EP9601 Vilagarcía-Cea-Castrogundín) e Vilanova (EP9701 Baión-András e EP9703 Vilanova-Pontearnelas).


Na Zona D, correspondente ás comarcas de Pontevedra, Terra de Montes, O Morrazo e Vigo, actuarase cun orzamento de 878.597€ en 22 estradas de Pontevedra (EP0004 Marcón-Pintos-A Reigosa e EP0018 Xeve-Amil-Espedregueira); Vilaboa (EP0103 N550-Lago Castiñeiras), Ponte Caldelas (EP0205 Reigosa-Taboadelo); A Lama (EP0305 As Ermidas-Pigarzos e EP0307 Peso-Caroi, na que se intervirá en dous tramos); Cerdedo-Cotobade (EP0401 Carballedo-Caroi, EP0404 Viascón-Cuspedriños, EP0407 Borela-Ponte Caldelas e EP0413 Paraños-Piscifactoría); Poio (EP0602 Portosanto-Lourido-Campelo); Cangas (EP1002 A Madalena-Aldán e EP1008 O Hío-Vilanova); Moaña (EP1101 Moaña-Verducedo, EP1102 Meira-Fraga, EP1103 San Bieito-Domaio e EP1104 Moaña-Coiro); Bueu (EP1308 Acceso á praia de Lagos); Redondela (EP2907 Redondela-Cepeda); Moraña (EP8201 Moraña-Santa Xusta-Couso e EP8202 Moraña-Souto-Cequeril) e Campo Lameiro (EP8305 Chacente-Morillas-San Isidro).

Na Zona E, nas comarcas do Condado e A Paradanta, investiranse 723.061€ para actuar en 9 viarios dos concellos de Ponteareas (EP4001 Ponteareas-Guillade, EP4002 Celeiros-Oliveira, EP4003 Confurco-Couso e EP4005 Areas-Alxán-Cabreira); As Neves (EP4201 Setados-Ribarteme-Vide); Mondariz (EP4301 Riofrío-Borbén e EP4306 Ponte Val-Barcia de Mera); A Cañiza (EP5004 Valeixe-Vilar) e Covelo (EP5104 Maceira-Avión).


E na Zona F, nas comarcas de Vigo, Val Miñor e Baixo Miño, actuaranse en 7 estradas provinciais dos concellos de Vigo (EP2001 O Calvario-A Garrida); Nigrán (EP2106 A Ramallosa-Parada); Baiona (EP2202 Bareda-Loureza); O Porriño (EP2405 Cerquido-Budiño); Mos (EP2601 Mos-Puxeiros); Tui (EP3001 Tui-Rebordáns) e Tomiño (EP3101 Tebra-Cristelos) ).  Investiranse 688.565 euros.


0 comentarios

Komentarze


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page