Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A Deputación acelera as obras de reposición do firme da estrada EP-6202 Rodeiro-Oseira

Laura Moure/Rodeiro

A Deputación de Pontevedra vén de licitar as obras de reposición de firme para mellorar a seguridade viaria da estrada EP-6202, que une as localidades de Rodeiro e Oseira, por un orzamento de 431.265 euros. Estas obras desenvolveranse na maior parte desta estrada, co fin de salvagardar a debida prestación do servizo público viario e de mellorar a seguridade das estradas provincias, enmarcados nas tarefas de conservación do modelo de mobilidade sostible e segura da Deputación.

A actuación, cuxo prazo de execución estimado é de catro meses, suporá a habilitación dunha nova capa de rodaxe na maior parte da estrada, en máis de 7 quilómetros divididos en tres tramos, situados ao comezo da infraestrutura, no tramo medio e na parte final colindante con Ourense. Trátase de operacións de reposición de pavimentos na súa superficie (pavimentos deslizantes e/ou fisurados) ou en parte do seu firme (pavimentos deformados). Amais, realizaranse as operacións complementarias de reposición da sinalización horizontal e vertical afectada, a fin de garantir a seguridade no viario.

33 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE