top of page

A Deputación acaba o mantemento en 88 campos de fútbol, entre eles os de Agolada, Lalín e Silleda

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O plan de mantemento anual ten por obxectivo conservar as cubertas nas mellores condicións para a práctica deportiva e aumentar a vida útil destas instalacións deportivas


Laura Moure/Deza

A Deputación de Pontevedra acaba de rematar o acondicionamento anual de 88 campos de fútbol de 41 concellos da provincia de Pontevedra, dos que 63 se corresponden con instalacións de herba sintética e os 25 restantes, de herba natural. Entre estes figuran tres da comarca de Deza.


As actuacións están encadradas dentro do programa de mantemento provincial de campos de fútbol, co que a Deputación achega maquinaria e persoal para levar a cabo o mantemento, e cuxo obxectivo é conservar as cubertas nas mellores condicións para a práctica deportiva e, ao mesmo tempo, aumentar a súa vida útil.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

No caso dos terreos artificiais, os procesos que se levaron a cabo foron a limpeza e a retirada de elementos vexetais e corpos estraños que se acumulan co paso do tempo (papeis, follas, tapóns etc.), a descompactación do céspede con maquinaria especializada que incrusta unhas púas de goma vibrantes e o cepillado da cuberta artificial e recebado, é dicir, a reposición de area ou caucho. A maquinaria dispoñible para facer estes traballos foi un tractor e un apeiro subsolador-varredor.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

No que respecta aos campos de herba natural, as actuacións realizadas foron o escarificado (realización de pequenos cortes verticais) para aumentar a densidade da herba, picado da superficie para airear a terra, recebado (achega de arena), e sementeira. A maquinaria empregada neste caso foi un tractor e tres apeiros: un picador, un escarificador e un sementador.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Neste 2023 actuouse en campos de fútbol dos concellos da Cañiza, A Estrada, A Illa de Arousa, Agolada, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Covelo, Gondomar, O Grove, Lalín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Nigrán, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, Pontevedra, Portas, Redondela, Ribadumia, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page