A cruceña Luisa Mendoza García sopla as 101 velas na Residencia de Maiores de Silleda
- ecosdacomarca
- 14 sept 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda

A Residencia de Maiores de Silleda celebrou onte o aniversario da súa residente máis veterana. Luisa Mendoza García, natural de Bodaño (Vila de Cruces), cumpre este domingo 101 anos.
Publicidade
Cunha gran lucidez, e pese a ter problemas de mobilidade, Luisa é coñecida no centro polo seu gran sentido do humor e as súas inxeniosas respostas. Nai de 8 fillos, ten ademais 12 netos e 5 bisnetos, que celebrarán este domingo día 15 o aniversario cunha festa familiar.
Publicidade
O personal da residencia así como a alcaldesa, Paula Fernández, a concelleira de Benestar, Ángela Troitiño e os titulares de Medio Rural, Asunción García e Medio Ambiente, Manuel Requeijo, felicitaron a Luisa no centro en nome da veciñanza de Silleda.
Dende o equioo de ECOS DA COMARCA: Moitos parabéns, Luisa!!
Comments