A cruceña Iris Miguélez distinguida na categoría Beach Fashion en Miss RNB España 2024
- Laura Moure
- 15 abr 2024
- 2 Min. de lectura
Quedou no cuarto posto do certame
Laura Moure/Vila de Cruces
Salou (Tarragona) acolleu a pasada semana o certame nacional Miss RNB España 2024. Tivo lugar do 8 ao 14 de abril e celebrou a súa gala final o sábado 13 de abril de 2024, cando se decidiu a gañadora do concurso. No mesmo participou a cruceña Iris Miguélez que estivo ata o final do veredicto, quedando no cuarto posto, e a pesar de que non puido facerse coa coroa, veuse para a casa con premio.

Tal e como recolle na súa web o propio Concello de Salou, Elizabeth Laker, representante de Tenerife, proclamouse gañadora de Miss RNB España nunha gala celebrada no Teatro Auditorio de Salou, que contou coa presenza do alcalde de Salou e presidente do Padroado Municipal de Turismo, Pere Granados. Con 25 anos e unha altura de 1,75 metros, Laker, que posúe un grao universitario en Turismo e fala inglés, ademais da súa lingua materna, destacou entre as participantes grazas á súa paixón polo deporte e a danza, especialmente a acrobacia en aro e o snorkel.
Publicidade
O xurado do concurso outorgou o título a Laker, que tamén competiu con outras candidatas, incluíndo as representantes de Valencia e A Rioja, que completaron o podio. Estas concursantes tamén foron recoñecidas en diferentes categorías: Miss RNB Valencia recibiu a banda polo seu talento, Miss RNB León pola súa habilidade en multimedia, Miss RNB Pontevedra por Beach Fashion, Miss RNB A Rioja como Top Model, Miss RNB Málaga na categoría Turismo Alannia e Miss RNB Huelva foi destacada en Turismo Salou.
Miguélez é enfermeira, ten 26 anos e mide 1.74 m.
"Foi unha semana con moitas emocións porque tiña un obxectivo claro e moito traballo detrás. Desfruteino moitísimo cas compañeiras e estou moi feliz polo grupo tan sano que formamos. Agora aínda queda outra banda por outorgar e teño esperanzas postas en que se veña a min", sinala Iris Miguélez.
O seu vídeo de presentación:
Cabe mencionar que esta cruceña representou en 2021 a España no concurso Miss Grand International celebrado en Tailandia.
Publicidade
Como nova Miss Spain Supranacional, Elizabeth Laker representará a beleza española no concurso Miss Supranacional, que se celebrará o próximo mes de xullo en Polonia. Este título non só recoñece a súa beleza e capacidade de comunicación en diversos idiomas, senón tamén o seu compromiso e habilidades persoais que lle levaron a destacarse neste prestixioso certame.
O evento final contou cunha asistencia de máis de 500 persoas. "Non só celebrou a beleza e o talento, senón que tamén serviu como plataforma para que estas mozas demostren as súas habilidades, compromisos sociais e paixóns, promovendo a diversidade e a cultura nun escenario internacional", sinalan dende o Concello de Salou.
O veredicto no seguinte enlace:
Comments