Este será a imaxe da campaña de sensibilización contra a violencia de xénero que se realizará a nivel municipal no ano 2022
Laura Moure/Rodeiro
Unha vez finalizado o prazo de votación para elixir o cartel gañador do XI Concurso de Carteis Igualitarios deste ano 2021 de Rodeiro, o Concello anunciou este luns que o Cartel gañador é o número 3, con 93 votos dun total de 190 votos emitidos. A súa autoría corresponde á veciña Raquel Rodríguez Rozas.

A súa creación será a imaxe da campaña de sensibilización contra a violencia de xénero que se realizará a nivel municipal no ano 2022.
"Agradecemos a alta participación deste ano tanto na presentación de carteis coma na votación para a elección do gañador", indica o Concello.
NOTICIA RELACIONADA:
Comments