top of page
Perruquería Marisa.gif

A Coral Polifónica Trasdeza participa o vindeiro sábado nun festival en Cantabria

A formación silledense acode convidada pola Coral Encina de La Mata, de San Felices de Buelna


Laura Moure/Silleda

A Coral Polifónica Trasdeza desprazarase a vindeira fin de semana a Cantabria para participar nun festival de corais. A formación silledense acode invitada pola Coral Encina de La Mata, da localidade cántabra de San Felices de Buelna.


A cita será o sábado 29, nun dos festivais organizados pola formación anfitriona. A coral silledense afronta con ilusión esta nova saída que levan semanas preparando cun fermoso repertorio.


A música convirtese unha vez máis en embaixadora cultural de Silleda, neste caso ca formación coral, que dirixe Manuel Molinos. Esta será a primeira saída da tempada, a que seguirán outras actuacións como a prevista o vindeiro 17 de xuño en Agolada.

Tardes de Primavera

Por outra banda, o certame Tardes de Primavera na Vía da Prata, que organiza a Coral Trasdeza dende hai máis de tres décadas, voltará ao Salón Parroquial de Silleda o vindeiro sábado 3 de xuño.


No recital, previsto para as 20:30 horas, participará tamén a citada formación cántabra e a Coral Entenza, de Salcede de Caselas. Será a trixésimo segunda edición deste festival de corais que é xa toda unha tradición en Silleda.






0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page