Incluirá un recoñecemento a José Luis Camiñas Vázquez, o que foi presidente desta entidade durante os últimos 13 anos
Laura Moure/Rodeiro
A Cooperativa o Rodo de Rodeiro volve celebrar este sábado, día 5, a súa comida de confraternidade despois destes anos de pandemia. Para o Consello Reitor este tipo de celebracións son de máxima importancia. "Xuntarse para verse e saudarse, simple pero ao mesmo tempo é o que provoca coller impulso e orgullo do que, entre gran parte das granxas familiares do concello de Rodeiro, construímos ala polos anos 80 e a día de hoxe segue a ser máis importante ca nunca", sinala.
Nesta ocasión, apuntan, que tamén "sumamos á habitual festividade o recoñecemento a Jose Luis Camiñas Vázquez, o que foi presidente de O Rodo durante os últimos 13 anos.
Para este recoñecemento tomaran a palabra diversos representantes das administracións públicas e tamén persoas relacionadas coa propia Cooperativa".
"Recoñecer o tempo adicado a Cooperativa é algo que nos engrandece como empresa, ter sempre en conta aquelas persoas que traballaron en beneficio sector primario Cambote será unha guía para a nova direción. Temos como principal eixo de traballo transformar dende o continuísmo. Este é o mellor recoñecemento que podemos facer dende a nova presidencia".
A programación
Terá lugar a recepción de autoridades ás 13:30 horas e media hora despois comezará o xantar de confraternidade. Na hora do café,serán as palabras de recoñecemento.
Comments