top of page

A cooperativa O Rodo de Rodeiro acolle un curso de inseminación

Este está impartido por Héctor Martínez e Leticia Diéguez


Laura Moure/Rodeiro

A Cooperativa O Rodo de Rodeiro ten como obxectivo, entre as novidades que queren aportar dende a dirección para este período, a de incrementar os coñecementos técnicos e a profesionalización das granxas socias. Para iso, no día de hoxe, comezou un curso de inseminación impartido por Héctor Martínez Sanz, veterinario na Finca Mouriscade, e Leticia Diéguez Pérez, técnica de reprodución da Cooperativa O Rodo.

"A reprodución xoga un papel importantísimo na produción láctea e cárnica e os datos estatísticos que temos de control leiteiro trasládanmos que, no conxunto de Rodeiro, temos marxe de mellora. Para iso é interesante que os gandeiros/as aprendan a inseminar e tamén adquiran coñecementos sobre este proceso", sinala a entidade.

Con respecto ao servizo de reprodución, apunta que está en proceso de cambios e melloras. "Que as granxas teñan a posibilidade de poder ter este servizo dúas veces ao mes, sincronizar para o día da visita do técnico, dixitalización da información reprodutiva de cada granxa, etc. Dende O Rodo consideramos que debemos ofrecer aos socios e socias os mellores servizos coa finalidade de que as granxas locais xeneren maiores beneficios".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Así mesmo, apunta que no eido da información técnica aos socios e socias, este curso xa non é a primeira xornada, xa que no pasado mes de decembro acolleron una xornada sobre a PAC e as axudas sobre Kit Dixital.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page