Laura Moure/Rodeiro
A cooperativa O Rodo de Rodeiro sinala que segue coa pretensión de profesionalizar as súas granxas e con este obxectivo está levando a cabo distintas iniciativas, como unha campaña de información técnica ou unha charla que terá lugar o día 8 de marzo.
"Comezamos cunha campaña de información técnica sobre a produción e conservación de forraxes. Dita proposta rematará cunha charla na nosa sede social o día 8 de marzo, día destacable para todos por ser o día no que todos e todas celebramos o Día a Muller", recalca.
Primeiramente, dende O Rodo, apuntan que puxeron dous técnicos asesorando granxa a granxa da importancia do encalado para os cultivos. "Este favorece a dispoñibilidade de nutrintes, aporta calcio, mellora a estrutura e actividade microbioloxía do solo, entre outras aportacións. Tamén informamos sobre a fertilización de praderías sempre tendo presente os abonos orgánicos que as granxas teñen dispoñibles. Dende O Rodo non traballamos coa pretensión de facturar máis, queremos que as granxas teñan os maiores beneficios, esa a nosa función, e para iso, se comprando menos é posible ganar máis, temos que trasladalo", subliña.
Por último, é unha vez rematado o período de visitas, "finalizamos esta campaña invitando a socios/as e non socias/os a participar nesta charla onde contamos con persoas expertas nos diferentes procesos para acadar o mellor alimento. Falaremos do cultivo e da conservación poñendo exemplos técnicos e destacando a importancia de empregar os mellores produtos para acadar os mellores rendementos".
Toda a información sobre a charla na imaxe:
Comments