top of page

A contratación de internet de banda larga no rural de Galicia medrou máis dun 30% desde 2016 e supera xa o 90% dos fogares

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O uso de dispositivos electrónicos supera o 95% en todos os tramos de idade entre 16 e 54 anos, e baixa ao 60,4% no caso das persoas de entre 65 e 74 anos


Ecos da Comarca/Xeral

A idade é a principal condicionante da evolución da modernización tecnolóxica nas áreas do rural de Galicia nas que, por primeira vez, a contratación de internet de banda larga acadou o 90,3% en 2023, segundo se desprende dos datos incluídos no informe que ven de publicar o Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia (OSIMGA).

A contratación de internet de banda larga medrou dende un 69,4% en 2016 ata o 90,3% de 2023, o que implica un crecemento de máis dun 30%. A porcentaxe achégase cada vez máis a media de Galicia, que está nun 94,3%, o que indica que se está a reducir a fenda entre os ámbitos rurais e urbanos. A contratación de internet do rural está por riba do 96% no caso de fogares con tres ou máis persoas, pero baixa ata o 74,3% no caso dos fogares nos que soamente vive unha persoa.


Publicidade  

A porcentaxe de persoas que usan dispositivos electrónicos no rural é practicamente o mesmo entre homes e mulleres, mesmo lixeiramente superior no caso das segundas (87,9% fronte ao 87,5%), polo que non hai fenda de xénero.


As diferenzas principais teñen que ver coa idade. Practicamente todas as persoas do rural de entre 16 e 44 anos (por riba do 99%) declaran usar dispositivos electrónicos. A porcentaxe é tamén moi significativa no caso das persoas de entre 45 e 54 anos (un 95,6%). Pero esta porcentaxe baixa ata o 87,2% entre os 55 e os 64 anos; e ao 60,4% no tramo de entre 65 e 74 anos.

Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Máis da metade das persoas do rural que usan internet fan compras por esta canle, fronte ao 72,3% que o fan nas áreas urbanas. Sen embargo, cerca do 90% das persoas do rural de entre 25 e 34 anos compran por internet, unha cifra que contrasta co 10,3% das persoas de entre 65 e 74 anos.


Os datos para a elaboración deste informe proveñen da Enquisa Estrutural de Fogares do Instituto Galego de Estatística.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page