Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A contorna do Consistorio e da cámara agraria de Dozón "serán máis seguros e accesibles" este mes

Luis López informou que as obras de mellora e urbanización deste espazo público, que

rematarán en marzo, consistiron na corrección dun desnivel de máis de dous metros, o

incremento das zonas peonís e a mellora estética e funcional da contorna


Laura Moure/Dozón

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, avanzou este xoves que a humanización da contorna da Casa Consistorial e da Cámara agraria de Dozón, financiada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, quedará rematada ao longo deste mes de marzo; polo que se garantirá aos veciños unha acceso a estes inmobles máis seguro.

O representante autonómico e o alcalde de Dozón, Adolfo Campos, visitaron este xoves as

obras e destacou que a mellora estética e funcional que supón esta urbanización. Esta actuación tivo un custe de 96.000 euros, dos que a Xunta achegou un 70% (68.000 euros)

ao abeiro da orde de axudas para creación ou mellora de infraestruturas municipais. O proxecto que -encara os traballos finais- supón a modernización do espazo público existente nos perímetros da Casa Consistorial e da Cámara agraria e tamén cara a estrada N-525 coa adecuación das zonas peonís e do acceso rodado, o axardinamento e a mellora

da accesibilidade, xa que ata a data a zona contaba cunha explanada de formigón cun

importante desnivel de máis de dous metros nalgún punto.


As obras consistiron no saneamento de toda a contorna e a eliminación de zonas de herba

e terra próximas a ambos inmobles, xa que xeran humidade nas súas fachadas. Así

mesmo, estanse a incrementar os espazos peonís, incluíndo a incorporación de beirarrúas

a todo o perímetro para facilitar a mobilidade dos veciños. Paralelamente, estase procedendo ao acondicionamento e ordenación do camiño rodado existente entre ambos inmobles, para permitir a axeitada circulación dalgún vehículo cando sexa necesario, e á mellora estética de todo este céntrico espazo do lugar do Castro. En concreto, estase preparando unha zona axardinada na cara oeste e estanse empregando materiais nobres, como lousas de granito, para o seu embelecemento.

“A Xunta segue a colaborar cos concellos para que os espazos públicos sexan máis fermosos, cómodos e funcionais, polo que financia sete proxectos de humanización na provincia cun investimento de máis de 400.000 euros e, entre eles, destaca especialmente

esta actuación en Dozón, xa que vai deixar en perfectas condicións unha contorna urbana moi céntrica e moi transitada polos cidadáns”, explicou o delegado territorial.

22 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE