top of page
Perruquería Marisa.gif

A construtora asumirá os danos materiais do derrube do andamio de Silleda

"Todo parece indicar que se debeu a unha combinación de factores, cun andamio sometido nos días anteriores a unha condicións especiais de vento que foron debilitando a estrutura", sinalan tras a reunión mantida este mércores


Laura Moure/Silleda

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, mantivo este mércores a reunión convocada en días pasados cas partes implicadas na obra de remodelación do edificio municipal da rúa Progreso para a súa reconversión como Casa Consistorial, tralo incidente da pasada semana, cando caeron os andamios. A día de hoxe, xa está instalado un novo andamio que cubre toda a fachada do edificio, onde continúan os traballos toda vez que nos últimos

días tamén se retirou a cuberta existente.

Na xuntanza o alcalde incideu en que a “seguridade, pola situación da obra e polo que pasou é a máxima premisa”. En canto as causas do derrube, todo parece indicar que se debeu a unha combinación de factores, cun andamio sometido nos días anteriores a unha condicións especiais de vento que foron debilitando a estrutura.


Tanto a dirección de obra, como a dirección de execución e a de coordinación de seguridade e saúde, reiteraron que a obra é segura, se ben a raíz do acontecido se reforzarán todas as inspeccións que xa se viñan facendo.


A empresa adxudicataria dos traballos, a UTE Orega-Coviastec, asumirá os danos materiais ocasionados unha vez se emita informe sobre os mesmos dende o Concello, que promove a actuación. Así mesmo, os responsables da construtora advertiron que se refozará a xefatura de obra, con máis persoal.

Os traballos continúan xa dende a pasada semana, unha vez colocado o novo andamio, ca premisa de rematar a actuación na primavera. Ademais do propio Concello de Silleda, a actuación está financiada polo programa Reacpon da Deputación de Pontevedra, con 713.000 euros, e pola Xunta de Galicia, que aporta 250.000 euros para a mellora enerxética do edificio.


NOTICIAS RELACIONADAS:


24 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page