top of page

A constitución da representación legal dos traballadores de Culinaria será en breve

A finais do mes de abril leváronse a cabo as primeiras eleccións sindicais celebradas na compañía


Ecos da Comarca/Silleda

Proximamente terá lugar na sede da empresa silledense Culinaria a constitución da representación legal dos traballadores, tras un proceso de votación no que o sindicato CIG acadou un total de seis delegados e a UXT tres. A finais do mes de abril leváronse a cabo en Culinaria as primeiras eleccións sindicais celebradas na compañía para constituír a representación dos traballadores. No proceso escollíanse dous delegados de persoal para o colexio de persoal técnico administrativo e sete para o colexio de especialistas, segundo establece a normativa.

A raíz destas eleccións saíron escollidos cinco delegados da CIG e dous de UXT para o

colexio de especialistas dun total de 92 votos dos traballadores. Canto ao colexio de persoal técnico e administrativo, dun total de 36 votos, o sindicato CIG acadou un

delegado e UXT outro.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Para a Dirección de Culinaria, o período de eleccións e a vindeira constitución da representación legal dos traballadores son feitos importantes dentro da empresa e supón dispor dun órgano de interlocución cos traballadores que permite seguir avanzando na mellora das relacións laborais e o ambiente de traballo que redunde nun mellor servizo aos clientes.


Dende a dirección da empresa agradecen a tódolos delegados o esforzo realizado e a todo o cadro de persoal a súa participación.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page