A Consellería de Medio Rural avanza nas obras do edificio de servizos integrados de Lalín
- Laura Moure
- 3 ago 2024
- 2 Min. de lectura
Será sede tamén doutras dependencias da Xunta, entre eles o servizo de rexistro público e propios da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e outros servizos da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Laura Moure/Lalín
A Consellería do Medio Rural segue a avanzar nas obras de construción do novo edificio de servizos integrados no concello de Lalín, tal e como puido contrastar esta semana a conselleira María José Gómez e o alcalde desta localidade, José Crespo. As instalacións albergarán diferentes servizos da Xunta de Galicia, que permitirán prestarlle atención a cidadanía dun xeito máis eficiente.

A principios deste ano colocouse a primeira pedra e comezaron os labores propios da estrutura da edificación. Actualmente, estase a encofrar o forxado do teito da primeira
planta e estanse a impermeabilizar os muros de contención. O orzamento total para levar a
cabo este proxecto ascende ata os 3,7 millóns de euros, e prevese que estea finalizado no segundo semestre de 2025.
Publicidade
A edificación terá mais de 2.100 metros cadrados de superficie e cinco plantas de altura. O seu obxectivo principal será acoller servizos básicos (administrativos, veterinarios, de
infraestruturas agrarias e tamén servizos forestais e de defensa do monte) para a poboación rural da contorna desta localidade, co fin de mellorar o servizo que se lle presta
aos cidadáns, as condicións de traballo do persoal da Xunta e a eficiencia na utilización de
servizos públicos.
Estas instalacións serán sede tamén doutras dependencias da Xunta, entre eles o servizo
de rexistro público e propios da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e outros
servizos da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. A maiores, disporá dunha
planta soto cun garaxe para 24 prazas, vestiarios, almacéns e outros cuartos auxiliares.
Publicidade
Plan de mellora das infraestruturas agrarias e forestais
A construción deste edificio de servizos integrados forma parte do Plan de infraestruturas
da Consellería do Medio Rural, que contempla a modernización do despregue físico da
consellería na xeografía galega e que ten como fin último mellorar o servizo público que
presta a Administración autonómica no rural. No marco desta iniciativa, o Goberno está
executando o Plan de mellora das infraestruturas da Consellería do Medio Rural do
período 2021-2026, orzamentado nun total de 43 millóns de euros.
Este Plan fai referencia, por unha banda, aos labores de reforma, adaptación e mellora da
rede de oficinas rurais e, pola outra, ás intervencións en marcha e previstas nas
instalacións asociadas ao dispositivo de prevención e defensa contra os incendios
forestais e á administración forestal.
Comments