top of page

A Consellería de Economía e Industria indica que foron 23.000 as alegacións presentadas contra Altri

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

"Este proxecto debería de estar tramitado e, de ser o caso, autorizado a principios do vindeiro ano", subliña


Laura Moure/A Ulloa

O pasado 18 de abril ECOS DA COMARCA dirixiuse á Consellería de Economía e Industria para solicitar o número de alegacións presentadas ao proxecto que Altri/Greenfiber pretende instalar en Palas de Rei. Obtivemos resposta este martes, 28 de maio. A Consellería fala de 23.000 alegacións.

Veciños do Sexo (Agolada) na manifestación en Palas. Autor: Ecos da Comarca.

"Tal e como avanzou a conselleira de Economía e Industria nunha entrevista radiofónica esta mañá, o número de alegacións rexistradas respecto do proxecto para a construción dunha biofábrica de fibras téxtiles en Palas de Rei xira en torno ás 23.000, que se corresponden con 23 modelos diferentes. Cómpre subliñar que en nun bo número de casos se ten detectado que a mesma persoa asinou varios modelos de alegación, computándose todos eles igualmente", puntualiza a Consellería.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis desta empresa.

A partir deste momento, sinala, "procederase ao estudio pormenorizado de cada unha das alegacións presentadas, co propósito de estimar todas aquelas propostas que melloren o proxecto e corrixir aquelas cuestións que sexan susceptibles".


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Así mesmo, apunta que "cómpre lembrar que a Lei de medidas establece uns prazos para aqueles proxectos recoñecidos como “Proxecto industrial estratéxico” como é o caso de Altri. Nomeadamente, o prazo dun ano de tramitación desde que se someteu a información pública. Polo tanto este proxecto debería de estar tramitado e, de ser o caso, autorizado a principios do vindeiro ano".

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page