top of page

A conselleira M ª José Gómez salienta en Lalín a aposta da Xunta pola remuda xeracional no agro

Fíxoo durante a clausura da VI Escola de Futuros Gandeiros deste concello


Laura Moure/Lalín

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou o venres no acto de clausura da VI Escola de iniciación de futuros gandeiros, así como na entrega de mencións e distincións ás mellores explotacións de 2024, nun evento organizado pola Federación Frisona Galega (Fefriga) e o Club de Xóvenes Gandeiros en Lalín. Durante a súa intervención, a conselleira puxo en valor a aposta do Goberno galego pola remuda xeracional no agro.


Ao acto asistiron 26 mozos e mozas, de entre 8 e 19 anos, que participaron nesta escola.

A titular de Medio Rural destacou o interese destes rapaces polo mundo gandeiro e subliñou que se trata dun sector con moito potencial de futuro. Gómez destacou que o

Goberno galego, a través da Consellería do Medio Rural, impulsa diversas ferramentas

para favorecer a remuda xeracional no campo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Entre estas medidas salientan as axudas para a incorporación de mozos ao sector agrario e os plans de mellora das explotacións. Fixo referencia tamén aos seis Centros de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) dependentes da Consellería, nos que se ofrece formación regrada da rama agraria.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, está en funcionamento o Banco de explotacións, unha iniciativa que facilita o

contacto entre propietarios que deixan a actividade profesional e persoas interesados en asumir a xestión desas explotacións. Esta ferramenta representa unha excelente oportunidade para a mocidade, tanto para quen quere iniciarse como para profesionais en

activo. O banco virá acompañado dunha liña de axudas dotada con 2,1 millóns de euros

para o período 2025-2029, co obxectivo de fomentar a cesión e continuidade das

explotacións agrícolas e gandeiras.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page