top of page
Foto del escritorLaura Moure

A conselleira do Medio Rural asiste á IV Escola de iniciación de futuros gandeiros de Lalín

Alí reafirmou a aposta da Xunta pola remuda xeracional no agro


Laura Moure/Lalín

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; polo alcalde de Lalín, José Crespo; e o presidente da Federación Frisona Galega (Fefriga), Manuel Sandamil; animou este martes á mocidade “a seguir vencellada ao rural e a apostar por el, aproveitando o apoio que se lle presta por parte da Xunta de Galicia”. Na clausura da IV Escola de iniciación de futuros gandeiros e entrega de mencións ás mellores explotacións, organizada por Fefriga e o Clube de Xóvenes Gandeiros, puxo en valor as diferentes liñas de traballo do Goberno autonómico a prol da remuda xeracional no agro.

Así, a conselleira resaltou o investimento de 164 millóns de euros en axudas xestionadas pola Xunta, que propiciou a incorporación á actividade agrogandeira en Galicia duns 5.000 mozos. Trasladou ademais que neste ano 2024 o número de solicitudes para esta liña de achegas ascendeu a máis de 400 e salientou tamén que se puxo en marcha, por primeira vez, unha nova convocatoria de subvencións específica para persoas de entre 41 e 55 anos, que rexistrou máis de 170 solicitudes.


Publicidade

A maiores, Gómez lembrou que nesta lexislatura porase en marcha por parte do Goberno

autonómico un Plan de fomento da remuda xeracional “amplo e cunha perspectiva transversal, baseado na formación, a sensibilización e a incorporación ao agro”. Nesta liña,

remarcou, dende a Consellería “buscamos revalorizar e visibilizar na sociedade en xeral as

profesións vinculadas ao campo”.


Formación para o rural

En relación específica coa formación para o rural, a conselleira reiterou a aposta da Xunta por iniciativas como a Formación Profesional Dual, con novos ciclos que se estrearán o vindeiro curso 2024-2025, en liña coa Consellería do Educación, nos seis centros propios

da Consellería no territorio galego, destacando a “formación práctica para que poidades ter un contacto máis directo coa realidade laboral e cos profesionais, como o tivestes estes

días en Mouriscade”.


Publicidade

Distincións honoríficas

Neste acto, Fefriga entregou as distincións honoríficas 2024 ás mellores explotacións de

Galicia, concedidas a partir dos datos recollidos no control do rendemento leiteiro feitos

polas diferentes asociacións provinciais de gandeiros para o control do rendemento leiteiro

(Africores).


0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page