A conselleira de Medio Rural reúnese con queixerías das DOP Arzúa-Ulloa e Queixo Tetilla
- ecosdacomarca

- 3 jun
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa/Ulloa
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; e polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte; mantivo unha xuntanza esta tarde con representantes de diversas queixerías das denominacións de orixe protexidas (DOP) Arzúa-Ulloa e Queixo Tetilla.

Nela, abordouse o impulso que se ofrece desde a Xunta de Galicia á promoción e comercialización destes produtos amparados por selos de calidade diferenciada, así como novas vías de colaboración en prol do futuro deste sector, cuxa situación foi tamén obxecto de análise, especialmente no que atinxe a estas dúas DOP.
PUBLICIDADE
Cómpre salientar que as denominacións Arzúa-Ulloa e Queixo Tetilla acadaron o pasado ano un valor económico conxunto estimado de máis de 52 millóns de euros e unha produción certificada próxima aos 7 millóns de quilos.
PUBLICIDADE
Deste xeito, mantense o crecemento destes indicativos de calidade, de especial relevancia dentro da produción de queixos. Neste sentido, é preciso destacar que a DOP Arzúa-Ulloa é a segunda de España con maior valor, só superada pola de Queso Manchego.








Comentarios