top of page

A conselleira Ánxeles Vázquez destaca o traballo dos socios do Club Deportivo Castillo Ulla-Deza

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Fíxoo durante unha visita este martes ao coto do Deza, onde se practica a modalidade de pesca sen morte


Laura Moure/Silleda

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, puxo en valor o compromiso das sociedades de pesca coa conservación das contornas fluviais a través de diversas actuacións de coidado, mantemento e limpeza das marxes dos ríos. Durante unha visita que realizou ao coto do Deza, na que estivo acompañada polo presidente do Club Deportivo Castillo Ulla-Deza, José Antonio Caldeiro, Ángeles Vázquez incidiu no traballo salientable que realizan os socios desta entidade na limpeza deste couto na que se practica a modalidade de pesca sen morte.

Nesa liña, as actuacións, que xa se levaron a cabo ao longo de máis dun quilómetros da marxe fluvial, aparte da roza de vexetación, permiten a habilitación de sendeiros á beira do río facendo pequenas infraestruturas necesarias para o paso da veciñanza, como pequenas pontes de madeira. De feito, cómpre salientar que algunhas das árbores alóctonas retiradas son utilizados para a construción das pontes necesarias para manter a traza do camiño.

A maiores, os socios desta sociedade de pesca, ademais de levar a cabo a colocación de bancos como áreas de descanso para os transeúntes, tamén realizan tarefas de mantemento periodicamente para manter en boas condicións os camiños.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Estes traballos desenvólvense ao abeiro dun convenio de colaboración que manteñen a entidade e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en virtude do cal a sociedade de pesca comprométese, entre outras cuestións, a manter en bo estado de uso os accesos, as sendas e os postos de pesca do couto; a realizar tarefas de xestión de residuos que se poidan xerar pola actividade pesqueira, e a dispoñer dun equipo que se dedique ao coidado, mantemento e limpeza das marxes do río e das súas sendas.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Cómpre lembrar que a nosa Comunidade conta con máis de 31.000 quilómetros de ríos, cun alto valor ecolóxico que enriquecen os valores naturais e paisaxísticos de Galicia. De feito, os corredores fluviais constitúen un dos principais reservorios de diversidade de especies silvestres de flora e fauna de Galicia.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page