Esta actuación urbanística amplia espazo e mellora accesos
Laura Moure/Palas de Rei
O cruce de Palas de Rei cambiará a súa fisionomía na súa confluencia entre a Avenida de Lugo e a Rúa Agro do Rolo. Da cordo coas normas urbanísticas do Concello de Palas de Rei, elimínase un tapón urbanístico que estreitaba o tráfico rodado e peonil en pleno centro do casco urbano. Esta actuación urbanística, permite unha inversión privada de máis de 2 millóns de euros na confluencia da N-547 coa Rúa Agro do Rolo e a LU-P-2901 o que posibilitou a construción da nova Residencia de persoas maiores en Palas de Rei e agora dun novo edificio residencial que permitirá a ampliación do espazo dos accesos a rúa Agro do Rolo.
Esta actuación, beneficiará a máis de 500 vehículos díarios que usan estas vías, que dan conexión co enlace da autovía A-54 en Filgueira e a estrada LU-231 que conecta as localidades de Palas de Rei con Friol.
O alcalde de Palas no lugar da actuación.
O rexedor palense, Pablo Taboada, resalta ademais, que “con esta actuación tamén se permite a mellora da conexión a varias parroquias do municipio, nas que os seus habitantes acceden ó casco urbano de Palas de Rei a través desta vía, contretamente parroquias, como: San Xorxe, Merlán, San Vicente, Filgueira, etc.
Comments