A conexión de rede móbil de nova xeración será mellorada no termo municipal de Cruces
- Laura Moure

- 17 ene
- 1 min de lectura
Llega700 está a realizar estes traballos de activación do 4 e 5G no municipio
Laura Moure/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces informa de que a entidade Llega700 está a realizar a activación da rede móbil de nova xeración (4G e 5G) no municipio. Con motivo desta mellora, poderían producirse problemas na recepción dalgúns canais de televisión (TDT).

Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Se a televisión non se ve correctamente ou algunha canle deixa de funcionar, a veciñanza afectada debe contactar directamente con Llega700, que solucionará a incidencia de maneira gratuíta (correo electrónico: ayuda@llega700.es ; teléfono gratuíto: 900 833 999). No caso de comunidades de veciños, o aviso deberá facelo o presidente. As incidencias poderán comunicarse ata maio 2026.
Publicidade
Llega700 é a entidade xestora que se encarga de solucionar calquera afectación que suceda na recepción da TDT para asegurar a continuidade do servizo de TV. Esta entidade foi designada polos operadores de móbil para resolver as interferencias ou perturbacións que puideran producirse ao servizo de radiodifusión de TV.







Comentarios