top of page
Foto del escritorLaura Moure

A concellería de Normalización Lingüística de Silleda reparte bolsas con Xela Arias á mocidadade

Son de tela e entregaránse ao longo da vindeira semana no departamento, no Centro Social de Silleda


Laura Moure/Silleda

A Concellería de Normalización Lingüística, que dirixe Ángela Troitiño, repartirá entre a mocidade tote bags (bolsas de tela) ca estampa da poetisa Xela Arias, a quen se adica este ano o Día das Letras Galegas. As bolsas repartiránse de xeito gratuíto (ata esgotar existencia) entre a poboación máis nova de 12 a 30 anos de idade. Poderán retirarse dende o vindeiro martes 18 e ata o venres 21 no Centro Social de Silleda presentando o Documento de Identidade.


Esta acción de difusión enmarcase na programación que está a levar a cabo o Concello de Silleda con motivo do Día das Letras, e que continuo este sábado ca entrega do premio Modesto R. Figueiredo de narración curta a Adolfo Caamaño, Esteban Brea e Antonio Piñeiro. O acto, conducido pola escritora e xornalista silledense Ana Cabaleiro, foi o este sábado polo mañá na Casa da Cultura e contou tamén cunha homenaxe á autora de Sarria ca lectura de poemas a cargo das silledenses Carmen Castro e Sara Villa. A música chegará da man dun grupo de vento da Escola e banda de Música de Silleda.

Entrega do premio Modesto R. Figueiredo de narración curta a Adolfo Caamaño, Esteban Brea e Antonio Piñeiro este sábado.


Polo correo do vento

E xa o mércores 19 a programación continuará para o público máis novo, cunha dobre sesión (en Silleda e na Bandeira) que repasará a vida e obra de Xela Arias a través dun conto ilustrado da man de Polo Correo do Vento, colectivo especialidado en actividades para os máis cativos co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos. Baixo o lema Xela Arias, liberdade, Solidariedade e amor pola lingua, os integrantes do grupo Enrique Mauricio e Carlos Taboada, ofrecerán dúas funcións na tarde do mércores, unha no Centro Cultural Vista Alegre (17:00 horas) da Bandeira e outra no salón de actos da Casa da Cultura de Silleda ás 18:30 horas.


Debido á situación sociosanitaria para asistir a estas actividades será preciso anotarse previamente, a fin de cumprir cas limitacións de aforo establecidas. As persoas interasadas deben chamar ao 986 580 000 (preguntando polo departamento de Cultura).



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page