top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Concellería de Igualdade de Arzúa impulsa o punto violeta na Festa do Queixo 2024


Laura Moure/Arzúa


A próxima fin de semana Arzúa celebrará a súa festa grande, A Festa do Queixo, e dende a Concellaría de Igualdade que dirixe Lucía López Sobrado, sinalan que “queremos implicar á toda a poboación na loita contra as violencia machistas e lgtbifóbicas e extender de forma masiva a información necesaria para saber como actuar ante un caso de violencia. Queremos unha Festa do Queixo libre de conductas que poidan lixar o bon desenvolvemento do que ten que ser un acontecemento de convivencia, divertimento san e de intercambio de experiencias” explicou a concelleira nacionalista.

 

Publicidade

Para evitar estas actitudes a Concellería de Igualdade co apoio do Centro de Información ás Mulleres de Arzúa apostou por situar no Recinto “Terra do Queixo” un Punto Violeta aberto o sábado dende ás 21:30 ata ás 2:30 horas, atendido por personal especializado e que contará tamén cunha rede de apoio que derivará a este espazo a aquelas persoas que vivan unha situación de acoso ou agresión.


Publicidade

“Todas e todos aqueles que esteñades interesados en formar parte desta rede podedes inscribiros no enlace dispoñible no perfil @cimarzua, recibirán unha formación previa para poder facer frente a situacions que poidan ter lugar” sinalou Adrián Gonçalves, Técnico de Igualdade do CIM.


Publicidade




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page