Repartiranse 220 euros en premios que consistirán en lotes de libros e/ou material educativo a adquirir polos premiados en establecementos de Rodeiro
Laura Moure/Rodeiro
A concellería de Cultura de Rodeiro convoca o I Concurso de lendas, historias e demais contos. Establécense dúas categorías e repartiranse 220 euros en premios que consistirán en lotes de libros e/ou material educativo a adquirir polos premiados en establecementos de Rodeiro
Así establécense dúas categorías ou modalidades:
Xuvenil: para participantes de entre 10 a 17 anos.
Adultos: a partires dos 18 anos.

Os traballos que se presenten a concurso deberán axustarse a unha serie de características que se sinalan a continuación:
1. Deberán ser populares e recibidas mediante a tradición oral, narradas polos avós
ou familiares.
2. Terán unha extensión máxima de cinco folios tamaño A4 e poderán conter debuxos ilustrativos.
3. A obra deberá ter un título e asinarse cun pseudónimo que non identifique ao autor.
4. Cada participante só poderá presentar un único traballo.
Publicidade
Os traballos deberán entregarse de xeito presencial no Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares”, ou envialos por correo á súa dirección (Rúa A, 28.- 36530 Rodeiro). Deberá conter un título e a identificación cun pseudónimo. Xunto a entrega do traballo depositarase en sobre pechado a información seguinte: pseudónimo empregado; título do relato; datos persoais do autor (nome, DNI, idade, enderezo, teléfono de contacto e dirección de e-mail, se a ten). Independentemente da modalidade de envío, para os menores de idade, será necesario, ademais, o nome do pai/nai ou titor que apoie a súa candidatura cun número de teléfono de contacto.
O prazo para a presentación dos traballos finaliza o día 31 de decembro de 2023.
O xurado
O xurado estará composto polos seguintes membros:
Presidenta: A concelleira-delegada de Cultura.
Vogais: Dous representantes da comunidade educativa e cultural de Rodeiro designados polo Concello.
Secretario: O administrativo do Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares”, con voz e sen voto.
Publicidade
Non poderán ser membros do xurado as persoas que manteñan un vínculo familiar ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade co algún dos participantes no concurso.
Premios
Concederanse tres premios por cada categoría. Os sobres serán abertos polo xurado no momento de proceder á valoración dos traballos presentados. Na valoración dos traballos teranse en conta a calidade e a orixinalidade con carácter preferente. O xurado poderá deixar vacante calquera dos premios establecidos se ao seu criterio os traballos presentados non acadan o mínimo de calidade esixible. As decisións do xurado a estes efectos son inapelables.
Publicidade
Os premios consistirán en lotes de libros e/ou material educativo a adquirir polos
premiados en establecementos de Rodeiro, coa seguinte contía económica:
- Primeiro premio: 100,00 €
- Segundo premio: 75,00 €
- Terceiro premio: 50,00 €
Non obstante, todos os participantes recibirán un diploma pola súa contribución ao concurso. Os premios e diplomas serán entregados nunha data que se anunciará previamente, en coincidencia con algunha actividade de carácter cultural programada
polo Concello.
Os traballos presentados serán publicados na web municipal para coñecemento xeral, se ben non se coñecerán os ganadores ata o acto de entrega dos premios.
Comments