top of page

A Concellería de Benestar de Silleda abre o prazo para participar nas festas de Nadal para os maiores

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Laura Moure/Silleda

A Concellería de Benestar de Silleda, que dirixe Ángela Troitiño, vén de abrir o prazo para participar nas festas de Nadal organizadas dende o Centro Social dos Maiores. Así, ademais da xa tradicional Xuntanza de Nadal -que se celebrará o xoves 12 de decembro, tamén volta á programación o Ensaio de Fin de Ano, que terá lugar o venres 27 de decembro. Todas as persoas que desexen asistir poden inscribirse no Centro Social dos Maiores de Silleda ou no propio Concello.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

No caso da Xuntanza de Nadal, celebrarase no restaurante Coteliño, cun menú composto por sopa de Peixe, langostinos, carne asada con guarnición, postres de Nadal e café. O prezo é de 25 euros por persoa. A sesión estará amenizada por Carlos Manteiga e o prazo de inscrición remata o 8 de decembro.

O Ensaio de Fin de Ano inclúe pinchos variados, postres, bebida, uvas, cotillón, champán e sidra, cun prezo de 15 euros por persoa. Celebrarase como é habitual no propio Centro Social, ca música de Suso de Melide. O prazo de inscrición remata neste caso o 22 de decembro.


0 comentarios

댓글


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page