top of page

A concelleira socialista Alba Forno escoitou as demandas da veciñanza de Camposancos

Pide servizos básicos coma luces en varios puntos da parroquia ou o “tan prometido saneamento”


Ecos da Comarca/Lalín

O PSdeG-PSOE de Lalín está a manter encontros coa veciñanza e agrupacións de Lalín para coñecer de primeira man as súas necesidades. Nesta ocasión, a voceira Alba Forno mantivo unha reunión coa veciñanza de Camposancos, en concreto coa Asociación que está a traballar para darlle vida a esta parroquia. 



 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Este encontro serviu para coñecer de primeira man todas as necesidades que hai, que van dende colocar algúns puntos de luz en varios lugares da parroquia, “algo que xa levamos escoitando e demandando tempo”, ata o ansiado saneamento “que xa leva máis de 20 anos prometendo Crespo, e volverá a prometelo nas eleccións que veñen”.

  PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A concelleira considera que boa parte das demandas que teñen estes veciños e veciñas “son realizables”, pero só hai que “poñer interese, escoitalos e traballar en favor de manter un rural con vida, algo que este Goberno non está a facer”. Ademais, recalca que están a facer unha gran labor para dinamizar a vida da parroquia, “e dende o Concello deberían apoialos e axudalos para que así sigan”. 


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page