top of page

A concelleira de Cultura de Rodeiro e o tenente de alcalde supervisan as novas adquisicións literarias

  • 30 oct 2024
  • 1 Min. de lectura

Nesta ocasión, e por primeira vez, abriuse un prazo de solicitude para que o conxunto da veciñanza fixese as súas achegas


Ecos da Comarca/Rodeiro

A Concelleira de Cultura de Rodeiro, Xulia Dacal, xunto ao tenente de alcalde, Alberte Lamazares, achegáronse á biblioteca municipal para supervisar as novas adquisicións literarias. Nesta ocasión, e por primeira vez, abriuse un prazo de solicitude para que o conxunto da veciñanza fixese as súas achegas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

"Desta maneira destacamos o protagonismo que lle damos á sociedade á hora de establecer as políticas locais.Os libros foron adquiridos mediante os programas "Mellora de colecións" e "Novidades editoriais en galego" con un custo para o concello de 0€. Os libros e a biblioteca teñen que adquirir máis protagonismos, sobre todo nas idades máis novas, polo que, máis alá da compra de novos libros  estamos a traballar na reorganización e distribución dos mesmos nas diferentes estanterias e en programas de dinamización lectora",explican os edís de Unidade por Rodeiro.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Aumentar o consumo de literatura, sinalan, "é unha prioridade para o goberno local, debemos animar aos máis novos a beneficiarse do aporte dos hábitos da lectura que son  moitos e moi valiosos. En definitiva, transladar as persoas que aportaron as súas propostas a que xa están na dispoñibles na biblioteca".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page