top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Concellaría de Igualdade do Concello de Arzúa organiza xunto a Quérote+ un obradoiro de educación emocional e sexual na familia

As prazas son limitadas e o prazo para anotarse remata o 1 de abril


Laura Moure/Arzúa

A Concellería de Igualdade do Concello de Arzúa, a través do seu Centro de Información ás Mulleres, organiza xunto a Quérote+ un obradoiro dirixido a familias con menores a cargo sobre educación emocional e sexual na familia. Desde os centros Quérote+ avógase polo traballo conxunto e integral cos diferentes axentes educativos implicados directa e indirectamente nos procesos de ensinanza - aprendizaxe. As familias son, sen dúbida, o espazo de socialización por excelencia e o catalizador de todo proceso educativo cos nenos e nenas e cos mozos e mozas.

 

Este obradoiro ten como finalidade crear un  espazo de reflexión no que compartir inquedanzas, dúbidas e dificultades co obxectivo de construír ferramentas educativas que contribúan positivamente no desenvolvemento dos seus fillos e fillas. Neste obradoiro centrarémonos na educación emocional e sexual desde a casa.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Os obxectivos do obradoiro son:

  •  Crear un espazo seguro para poder falar das dúbidas, preocupacións e dificultades da crianza sen sentimentos de culpa ou xuízos de valor.

  • Dotar de coñecementos básicos para a educación sexual.

  • Construír ferramentas que axuden na xestión diaria da educación dos fillos e fillas

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O obradoiro realizarase o martes 2 de abril en horario de 16:30 a 18:00 horas na Casa das Mulleres (Rúa San Vicente s/n). A inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse no Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa, chamando ao 981 501 101.

As prazas son limitadas e o prazo para anotarse remata o 1 de abril.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page