top of page

A Concellaría de Igualdade do Concello de Arzúa lanza o programa 'Tecendo Camiños'

É un proxecto no cal a través de diferentes andainas realizadas pola contorna de Arzúa, se pretende propiciar a creación de espazos seguros ao longo de toda a extensión xeográfica do concello


Laura Moure/Arzúa

A Concellería de Igualdade do Concello de Arzúa lanza o programa “Tecendo Camiños”, un proxecto no cal a través de diferentes andainas realizadas pola contorna de Arzúa, se pretende propiciar a creación de espazos seguros ao longo de toda a extensión xeográfica do concello. En moitas ocasións as mulleres desbotan a opción de saír soas a camiñar ao aire libre por non percibir este como un espazo seguro. A través de oito andainas formuladas entre os meses de abril e xuño preténdese outorgar a estes espazos a seguridade que falta.

 Camiñar non será o obxectivo principal deste proxecto, xa que nas propias andainas traballaranse diferentes temáticas arredor do empoderamente feminino e da detección e prevención das violencias machistas. Por medio das andainas preténdese xerar espazos seguros que favorezan o intercambio de experiencias; aportar ferramentas para o empoderamento das mulleres asistentes; detectar e visibilizar as diferentes formas nas que se manifestan as violencias machistas; e crear unha rede de apoio entre as mulleres asistentes para promover unha autonomía que as permita participar e desfrutar con seguridade en espazos públicos

 

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

As andainas se organizan en torno a catro temáticas:

  • Mulleres en loita. Dúas andainas de recoñecemento da historia do feminismo a nivel mundial, español, galego e local.

  • As rúas tamén son nosas. Realizaranse dinámicas que procuren a reapropiación dos espazos públicos como propios.

  •  Fagámolo visible. Existen moitas tipoloxías de violencia que pasan desapercibidas. En esta andaina faranse visibles para poder identificalas e combatelas.

  • Referentes. Irá adicada a coñecer a mulleres referentes en diversos ámbitos sociais e a visibilizar os logros das mulleres que nos precederon ao longo da historia.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Este programa dirixise a mulleres, e terán prioridade mulleres vítimas de violencias machistas ou en situación de vulnerabilidade (inmigrantes, con diversidade funcional, baixa cualificación ou baixos ingresos, etc.)

As prazas son limitadas e a inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse no Centro de Información ás Mulleres. Para máis información poderase chamar ao teléfono 981 501 101.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page