top of page

A comunidade galega precisa aumentar as reservas de sangue dos grupos A Positivo e 0 Negativo

Estes amosan niveis baixos, polo que é necesario reforzar o permanente chamamento á colaboración nas campañas de doazón de sangue



Laura Moure/Xeral

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realizaun chamamento xeneralizado á participación da poboación galega na doazón de sanguee, de maneira especial,aos doantes dos grupos A Positivo e 0 Negativo. As reservas destes grupos presentan niveis baixos,polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS. Cómpre lembrar que os hospitais de Galicia necesitan entre 400 e 500 diarias para desenvolver de maneira eficazo seu gran labor asistencial


En moitas das tarefas que se realizan a diario nos centros sanitarios de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, como nas pasadas Festas doEntroido, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os hospitais. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de todos os cidadáns, polo que ADOS solicitaun esforzo especial para incrementar as reservas de sangue.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Ademais, as distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.

ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega. Nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa poderase doar sangue en Arzúa, hoxe xoves, (Xunto aos Xulgados en horario de 10 a 14 e de 16 a 21 horas) e en Lalín, o venres e o sábado. Nesta localidade a unidade móbil estará na Praza da Igrexa. O venres de 10:30 a 14 e de 17 a 21 horas e o sábado, de 10:30 a 14:30 horas.


Quen pode doar?

Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.


Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page