Laura Moure/Sobrado dos Monxes
A compañía teatral Amalgama estará en Sobrado o vindeiro 2 de outubro. Primeiro mostrará, tal e como informa o Concello, a súa función que fai unha referencia a unha aliaxe entre dous ou máis metais e deste xeito expresa unha mestura confusa de persoas ou cousas de distinto orixe ou natureza. Seguidamente poderase desfrutar dun encontro con Amalgama no que compartir e charlar co público sobre o espectáculo que se viu.
Terá lugar no Mosteiro de Santa María e serán de balde. Esta actuación forma parte do Camino Escena Norte. Toda a información https://bit.ly/3yGobHY
Comments